Boiro investiu preto de medio millón de euros na posta a punto dos centros educativos

BOIRO> O alcalde de Boiro visitou  as obras que se están a acometer no CEIP Santa María do Castro para  a mellora da eficiencia enerxética e renovación da fachada. En total, o concello investiu preto de medio millón de euros en reformas nos centos educativos do municipio para este curso.

Os 140 alumnos de infantil e primaria do CEIP Santa María do Castro comezarán mañá o curso en moitas mellores condicións que o pasado ano grazas á reforma integral da fachada e diversas actuacións en materia de eficiencia enerxética.

O concello destinou a esta obra preto de 115 mil euros con cargo ó POS da Deputación. Non é a única actuación desenvolvido de cara a este curso posto que o concello ten executado melloras en tódolos centros do municipio. Ademais dos traballos de mantemento nos propios colexios, destacan tamén melloras no exterior como a pérgola cuberta para o transporte escolar no coelxio de Cespón ou as melloras na seguridade vial nos accesos tanto deste colexio como en Praia Xardín e no instituto de Espiñeira.

O importe total das melloras educativas para o presente curso rolda os cincocentos mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí