O 23 de abril chega con moitas sopresas e descontos nas librarías de Pontevedra

Pontevedra> O luns celébrase o Día do Libro e para conmemorar esta data trece librarías de Pontevedra festexarán esa xornada con actividades, que van dende sinaturas de libros, a descontos e agasallos para os lectores. Tal e como destacou a concelleira de Cultura, Carmen Fouces,  Pontevedra é unha cidade onde en vez de pechar librarías continúan abrindo, por iso neste 2018 celebrarán por todo o alto este 23 de abril.

O 23 de abril é un día especial para o lector e para as librarías, é o Día Internacional do Libro, n día onde as 13 librarías da cidade festexarán con agasallos, descontos e sorpresas para a cidadanía.

É importante contar con este tipo de eventos para que a xente vaia a mergullarse nos libros, se informe e se deixe aconsellar polos grandes sabedores que son os traballadores destas librarías.

Aviones de papel, Cao, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Metáfora, Patakafrita, Paz e Seijas celebrarán neste 23 de abril o día Internacional do Libro e que Pontevedra continúe sendo unha das poucas cidades galegas onde en vez de pechar librarías continúan abríndose para o cidadá.