Ravella invertirá 445.000 euros procedentes de remanentes de tesourería

    VILAGARCÍA> O alcalde Tomás Fole informou de que o goberno levará a pleno o vindeiro luns a aprobación dun expediente que permitirá ó concello reutilizar remanentes económicos de obras realizadas nos últimos anos. Son en total 445.000 euros que serán reinvertidos en diferentes actuacións. O goberno de Vilagarcía proporá no pleno do vindeiro luns que os créditos que xeraron remanentes de tesourería nos últimos anos sexan modificados para a súa reutilización. É dIcir, os cartos que sobraron á hora de realizar diferentes obras no concello, formarán parte dun fondo único para realizar diferentes inversións. Son en total algo máis de 445.000 euros, que segundo o alcalde, non se reagruparon antes pola falta de liquidez das arcas municipais. Case 50.000 euros irán destinados á colocación dun semáforo en Rey Daviña, dunha cámara-radar nunca das principias avenidas da cidade e en outras instalacións informativas. Uns 36.000 euros irán a parar a obras de saneamento na parroquia de Castroagudin, e os cartos restantes (360.000 euros) en dúas partidas máis amplas para obras en camiños e espazos públicos rurais e vías urbanas. O alcalde tamén referíuse a que grazas á austeridade dos últimos dous presupostos conseguíuse mellorar a situación económica do concello, sen que iso supuxera unha maior carga impostiva ós cidadáns, como no IBI. Por outra banda o concello concederá a Amigos de Galicia unha serie de bicicletas en desuso, en poder da Policía Local e que ninguén as reclama. As que estean en bo estado serán cedidas á asociación para que as repartan entre os rapaces necesitados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/fole600_251013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/fole_251013.mp4{/flowplayer}