‘Paifillonai’ remata este ano con dous xantares de despedida

    paifillonai_100_290807__still_001.jpgSANXENXO > O programa de conciliación da vida familiar e laboral, Paifillonai, celebrou hoxe unha xornada de despedida na que nenos …

    … e familiares se xuntaron para xantar no colexio de Portonovo.

    Unha parte dos cativos que participaron no Paifillonai este último mes contaron hoxe cunha primeira xornada de despedida composta por un xantar ás dúas da tarde. Xantar no que amosaron o aprendido neste mes, como lavar os pratos ou cepillarse os dentes despois de comer. Mañá volverase celebrar unha segunda xornada de despedida cos nenos restantes.

    O Paifillonai remata este ano despois de resultar todo un éxito. Este programa de conciliación da vida familiar e laboral do concello de Sanxenxo volveu a converterse nunha boa alternativa para aqueles pais que non poden coidar dos seus fillos no período estival por motivos laborais.

    Pero en Sanxenxo seguen as actividades relacionadas cos mais pequenos. Do 24 ó 28 de setembro impartirase o Curso Básico de Primeiros Auxilios Infanto-Juveniles no Pazo Emilia Pardo Bazán. Os interesados deberán dirixirse a Oficina de Información Xuvenil ou á Concellería de Educación e Deportes.

    Redacción Salnés