Unha xira polo Salnés para presumir de gastronomía e bo facer

SANXENXO> O Obradoiro de Hostalaría do Salnés arrancou hoxe a súa xira comarcal. A súa primeira parada foi Portonovo, para prepara-la súa emblemática raia dos xeitos máis variados. Está foi a primeira parada dunha serie de showcooking que buscan amosa-lo seu traballo, ante as restricións que impiden organiza-las súas clásicas degustacións.

Os alumnos do Obradoiro de Hostalaría do Salnés bótanse á rúa. Hoxe comezaron a súa particular xira comarcal, con showcookings nos que amosarán o seu traballo.

A súa primeira parada foi en Portonovo, no concello de Sanxenxo. crearon unha serie de receitas, coa raia como auténtica raíña.

A xira polo Salnés inclúe 9 paradas. Todas elas serán gravadas e penduradas na internet. Os showcooking pola comarca sérvenlle aos alumnos do Obradoiro de alternativa ás súas clásicas degustacións que, por mor da pandemia, non poden organizar.

A próxima parada que teñen en axenda, O Grove, aínda non ten data pechada. Todo dependerá da evolución da situación sanitaria naquel concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí