SANXENXO> O Xulgado do Contencioso Administrativo Número 2 de Pontevedra ven de admitir a trámite a demanda de SOS Panadeira contra Portos de Galicia. Falamos do conflicto xerado polo ente autonómico tras outorgar uns permisos ó Náutico de Sanxenxo para instalar un novo pantalán. Os representantes de SOS Panadeira confían en que os tribunais lles acabe dando a razón. Os tribunais danlle 20 días hábiles a Portos de Galicia para que presente a documentación na que se fundamentou o proxecto dos novos pantaláns do Real Club Náutico de Sanxenxo. A demanda da Plataforma, foi escoitada e agora a pelota atópase no tellado do ente autonómico. O escrito de 32 páxinas presentado por SOS Panadeira baseábase en tres piares: Ilegalidade coa lei de ordenación do litoral, que plantexa a defensa das praias urbanas, que non se cumpre o Plan Especial para o porto deportivo e a ausencia dun informe de impacto ambiental. Dende SOS Panadeira seguen esixindo que se retiren os pilotes e que se anule a obra. Segundo Carlos Quintia os xulgados daránlle-la razón, xa que Nauta e o propio concello tamén están en contra desta actuación. De feito, presentarán unha serie de recursos que complicarían aínda máis o futuro desta obra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/portos600_291013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/portos_291013.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas







