Panos brancos contra a droga

    VILAGARCÍA > A Fundación Galega contra o Narcotráfico vén de solicitarlle á Consellería de Educación que sexa flexible cos centros educativos cando comece a campaña ‘Panos brancos contra a droga’. A Fundación conta, neste sentido, co apoio da Confederación de Pais de alumnos.

    O vindeiro 8 de febreiro arrancará en toda Galicia a campaña ‘Panos brancos contra a droga’. Con este motivo, a Fundación Galega contra o Narcotráfico pediu á Consellería de Educación colaboración para que os centros educativos sexan permisivos con pais e alumnos para que poidan participar nos comezos da campaña que terá o punto de partida simbólico coa lectura dun manifesto no balcón da Fundación en Vilagarcía.

    Tamén se pediu colaboración á FEGAMP para que cada concello pendure unha bandeira branca nas fachadas. De momento un gran número de entidades, asociacións e institucións amosáronse favorables a outorgarlles o seu apoio. En relación co tema, a ANPA do Instituto de Educación Secundaria ‘Miguel Ángel González’ de Carril organiza unha charla sobre prevención de drogodependencias que será impartida polo Servizo Preventivo Asistencial de Vilagarcía.

    Redacción Salnés