O Pleno de Vilagarcía acolle unha sesión bronca coma poucas

    VILAGARCIA> Sesión bronca e extensa a plenaria celebrada onte en Vilagarcía; que recollía o clima de tensión xerado nas últimas semanas entre goberno e oposición. Houbo varios puntos na orde pero quizais o máis destacado foi a substitución de Lino Mouriño como membro do Consello da Autoridade Portuaria.

    O edil socialista Lino Mouriño ven de ser substituído como membro do Consello da Administración da Autoridade Portuaria. Será relevado no cargo pola edil popular Rocío Llovo. O Alcalde Tomás Fole xustifica esta decisión por uso partidista da información que se achegaba respecto a estas xuntanzas na rada vilagarciá por parte de Mouriño. A oposición pechouse en banda en solidariedade con Mouriño, acusando ó Alcalde de gobernar dun xeito antidemocrático. Pero o transfondo do asunto era a denuncia que o PSOE puxo contra Fole por suposta prevaricación e tráfico de influencias ca concesión das pistas de padel no entorno portuario. Para o Alcalde a xustiza non admitiu a trámite a demanda deixándoo libre de culpa, pero a lectura da sentencia que fai o PSOE é ben distinta. Aínda máis, a voceira socialista retou ó Alcalde a que demostrase que a tramitación desta licencia se axusta realmente a legalidade; xa que eles están convencidos do contrario.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/30/pleno_lino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/30/pleno_xunqueira_lino.mp4{/flowplayer}