Catas e visitas a adegas para celebrar o Día Europeo do Enoturismo

    Catas e visitas a adegas para celebrar o Día Europeo do Enoturismo CAMBADOS> O vindeiro domingo 10 de novembro é o Día Europeo do Enoturismo. Unha efeméride que se ven celebrando dende o 2009 e que está impulsada pola Recevin, a Rede Europea de Cidades do Viño. Cambados, que está adscrita a esta asociación, celebrará diferentes actos de balde e abertos a todo o mundo en adegas e no Salón José Peña. Dende o 2009, o segundo domingo de novembro é o Día Europeo de Enoturismo. As principais cidades do viño de Europa únense a esta conmemoración coa que pretenden dar a coñecer os seus territorios e os seus caldos. Entre elas atópase Cambados que amosará unha vez máis os seus Rías Baixas. O día 10, a partires das 12 da mañá no Salón José Peña terá lugar un Concurso Cata Amateur, de balde e aberto a todo o mundo, no que se explicará e se aprenderá como catar un viño. As adegas tamén levarán a cabo diferentes eventos de promoción. Participarán Lagar de Besada, Mar de Frades, Pazo Baión, Pazos de Lusco, Terras Gauda, Martín Códax, Zárate, Pazo Quinteiro da Cruz así como o Parador ofrecerá menús especiais. Tanto para o presidente da DO Rías Baixas Juan Gil, como para o alcalde Luís Aragunde, este tipo de actividades sirve de promoción non son dos viños Rías Baixas, senón de Cambados e toda a comarca. O ano pasado participaron un total de 130 persoas nas diferentes actividades. Desta volta os organizadores contan con chegar ós 200. Para tomar parte nestas actividades ou obter máis información, no concello de Cambados, na oficina de Turismo en Exposalnés ou nas páxinas web da DO Rías Baixas e da Ruta do Viño. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/enoturismo600_291013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/enoturismo_291013.mp4{/flowplayer}