As exportacións da DO Rías Baixas medraron en 2013 un 25,2%

    CAMBADOS> Son os datos que deu a coñecer o presidente da DO, Juan Gil. Estados Unidos sigue sendo o destino principal dos Rías Baixas e destaca o crecemento experimentado en Xapón. Na última campaña comprendida dentre o 1 de setembro de 2012 e o 31 de agosto de 2013 as exportacións dos Rías Baixas medraron un 25,2% con respecto ó mesmo período da campaña anterior. Con case cinco millóns de litros exportados a preto de 60 países, séguese na liña ascendente marcada na última década, na que se triplicou o volume de exportación e o valor desta medrou nun 220%; este ano foi de 26,3 millóns de euros. Uns datos que foron valorados de xeito moi positivo polo presidente da DO Juan Gil. Co mercado nacional de capa caída o volume de exportacións ten cada vez máis importancia, de ahí que se destinen o 30% dos recursos da DO a este obxectivo. Estados Unidos é o destino de case a metade das botellas exportadas. Neste último ano recibíu 2,5 millóns de litros. Reino Unido e Alemania siguen sendo os mellores clientes en Europa e Xapón, que recibíu preto de 80.000 litros de Rías Baixas, é o principal destino en Asia. Juan Gil tamén fixo unha valoración moi positiva desta última vendima, que se pecha con máis de 34 millóns de quilos de uva recollida, a segunda maior da historia da DO Rías Baixas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/exportacions600_291013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/exportacions_291013.mp4{/flowplayer}