A cadea Aldi pon patas para arriba o centro comercial Vialia en Pontevedra

PONTEVEDRA> O centro comercial de Vialia, na estación de tren de Pontevedra vivirá unha auténtica revolución. Na súa planta baixa vaise instalar un dos dous supermercados que Aldi vai abrir na cidade. A súa chegada suporá a transformación de boa parte do centro comercial e suporá o peche de varios locais.

A cadea de supermercados Aldi prepara o seu desembarco na cidade de Pontevedra. Vai abrir un establecemento na avenida de Lugo e outro no centro comercial de Vialia, na estación de tren da cidade. A súa chegada porá patas arriba estas instalacións, co peche de varios establecementos. A apertura deste supermecardo alemán suporá tamén redeseño dos espazos tanto no soto, que se destinará a aparcadoiro, como na planta baixa.

Ademais o concelleiro de urbanismo deu conta doutra licenza que tamén conta co visto bo do concello: a que permitirá a transformación do edificio Varela, na praza de Currus Enríquez, nun restaurante do estrela Michelín Pepe Vieira. O restaurante prevé abri-las súas portas a finais de 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí