A Policía Local de Poio tramitou 110 denuncias dende que comezou o estado de alarma

POIO>  Dende que comezou o estado de alarma, a Policía Local de Poio tramitou un total de 110 denuncias. Ademais, os axentes recibiron nos últimos días preto de 1.300 chamadas para pedir información sobre os desprazamentos permitidos.

110 denuncias. Esa é a cantidade de sancións que tramitou a Policía Local de Poio dende que comezou o estado de alarma. Delas, 5 foron a persoas reincidentes. Ademais, os axentes efectuaron nestes días preto de 70 controis de tráfico no municipio.

A Policía Local de Poio está a facer tamén unha gran labor de comunicación. Nos últimos días, os axentes recibiron preto de 1.300 chamadas para pedir información sobre as limitacións do estado de alarma. Neste eido, o goberno municipal asegura que a atención domiciliaria está garantida. O Concello está a levar a cabo un protocolo de recollida de lixo en 6 domicilios e está a atender outros 10 que precisan de recursos de primeira necesidade.

En canto á desinfección, o Concello está a realizar diariamente tarefas de limpeza en diferentes puntos do municipio. En especial, naquelas zonas onde hai maior afluencia de xente. Por outra banda, en canto aos recursos, a edil de Seguridade Cidadá asegurou esta mañá que hai material suficiente para que todos os veciños e traballadores estean protexidos.

Nesta rolda de prensa virtual, o alcalde agradeceu a toda a cidadanía a súa colaboración na loita contra esta pandemia. Ademais, o xefe da Policía Local de Poio lembrou que ante calquera desprazamento, é imprescindible levar enriba un xustificante do mesmo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí