O edil de Turismo declarará por posibles irregularidades na Festa do Mar

POIO> O edil de Turismo de Poio terá que prestar declaración por presuntas irregularidades na contratación dos postos da Festa do Mar. O grupo municipal do BNG compareceu ao completo para arroupar a Xosé Luís Martínez, que terá que declarar no xulgado o vindeiro 4 de maio a raíz dunha denuncia do Partido Popular. O xuíz investiga un posible delito de prevaricación administrativa. O grupo municipal do BNG de Poio compareceu en bloque para arroupar a Xosé Luís Martínez. O edil de Turismo terá que prestar declaración ante o xuíz do xulgado de instrucción número 2 o vindeiro 4 de maio por presuntas irregularidades na contratación dos nove postos da Festa do Mar de 2014. O xuíz investiga un posible caso de prevaricación administrativa. Iso si, dende o goberno insisten que o auto non pon en dúbida que houbera favoritismos ou enriquecemento nas concesións. Tanto o edil de turismo como o rexedor insistiron que o goberno está a colaborar na investigación, aberta a raíz dunha denuncia do Partido Popular. Os nacionalistas acusaron ao PP de xudicializar a política e de recorrer á chantaxe. Arroupado polos seus compañeiros, Martínez asegurou estar tranquilo, e non ten previsto dimitir. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/declaracion_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/declaracion_poio.mp4{/flowplayer}