Pontevedresa Group vende mamparas protectoras aos hostaleiros a prezo de custo

PONTEVEDRA> Moitas empresas centran agora os seus esforzos na fabricación de material de protección. É o caso de Pontevedresa Group, que estes días traballa sen descanso na creación de mamparas e separadores para a hostalaría. Hoxe visitou as instalacións o vicepresidente da Xunta.

Pontevedresa Group tamén traballa na loita contra o coronavirus. A factoria vén de inicia-la produción de mamparas de vidro para incrementa-la seguridade nos locais hostaleiros.

A empresa decidiu vende-los separadores a prezo de custo na cidade de Pontevedra e na súa comarca. Un xeito, segundo din dende a compañía, de axudar á reactivación do tecido económico. Deste xeito, un bar da contorna pode mercar os seus separadores a desde pouco máis de 60 euros a unidade.

Esta mañá visitou as instalacións de Ponte Caldelas o vicepresidente da Xunta. Alfonso Rueda puxo en valor o esforzo que está a facer esta compañía.

Rueda indicou que con este tipo de elementos, o arranque da nova normalidade pode ser máis levadeiro. Apuntou que este  material de protección tamén será necesario nos edificios administrativos. Segundo detallou estase a valora-la súa instación conforme á incorporación paulatina dos traballadores e funcionarios.

A Xunta traballa co obxectivo de que  a finais  do mes de xuño todo o persoal estea a traballar xa con total normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí