Poio e Rianxo, entre os concellos que contarán cunha unidade de atención temperá este ano

POIO> Poio contará cunha unidade de atención temperá. Instalarase na Casa Rosada, que xa acolle outro tipo de servizos sociais. A previsión da Xunta é poñer este servizo en funcionamento antes de que remate o ano. Para a posta en marcha desta prestación, o concello contará cunha axuda do goberno galego de algo máis de 266.000 euros. Na nova unidade de atención temperá do municipio atenderase a rapazada de ata 6 anos para para previr e actuar ante problemas de desenvolvemento.

A unidade de atención temperá de Poio instalarase na Casa Rosada. Aquí atenderase a nenos e nenas de ata 6 anos para previr e actuar ante problemas de desenvolvemento. Esta mañá estiveron nesas instalacións o alcalde de Poio xunto coa Conselleira de Política Social.

Porque para a súa posta en funcionamento o Concello de Poio contará cunha axuda de 266.200 euros por parte da Xunta. Forma parte da partida de case 16 millóns de euros que o goberno glego destinará á ampliación da Rede Galega de Atención Temperá.

A intención do executivo galego é abrir esta unidade de atención temperá de Poio antes de que remate este ano. É a mesma previsión que manexan para as outras cinco novas unidades que se van crear. Na nosa contorna, a de Rianxo e outra na que se agrupan os municipios de Rois, Padrón, Dodro, Valga e Pontecesures.

No conxunto de toda a rede atenderanse unhas 5.000 familias.