O blog Bike & Wine une nunha ruta ciclista ás tres adegas premiadas na cata da Festas do Albariño

PORTAS> O blog Bike and Wine organiza unha ruta ciclista que percorre as tres adegas gañadoras da Cata de viños das Festas do Albariño. O percorrido, de 80 quilómetros, transcorre dende Soutomaior a Vedra pasando por Portas. O obxectivo é promocionar os viños e as adegas á vez que se goza percorrendo as paisaxes das tres subzonas.

A festa do Albariño tivo que celebrarse este ano dunha maneira especial. Moitas actividades tiveron que ser canceladas, pero un evento que evitou a suspensión foi a Cata Concurso Rías Baixas da anada 2019. Nela escolléronse ás tres adegas gañadoras desta edición. Aproveitando as distancias entre ambas, o blog Bike and Wine, especializado en rutas saudables ao redor do viño, organizou un novo itinerario ciclista para unir as tres adegas.

A ruta percorre 80 quilómetros dende Soutomaior a Vedra pasando por Portas. O obxectivo é promover os viños da denominación de orixe a través das paisaxes das subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas.

A peculiaridade deste ano fixo que as tres adegas pertenzan a tres subzonas diferentes, o que facilitou o desenvolvemento desta ruta. Para as adegas a realización desta ruta é unha oportunidade para promocionarse e crear sinerxías.

A ruta inclúe unha parada na adegas para probar os seus viños. O itinerario quedará recollido no blog Bike and Wine. Os interesados poderán poñerse en contacto coas adegas e realizar o percorrido á vez que gozan dos viños premiados na Cata Concurso Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí