A ría de Pontevedra tivo un 31% máis de tránsitos que en agosto de 2016

PONTEVEDRA> Os peiraos autonómicos da provincia de Pontevedra recibiron 1.500 barcos en tránsito durante o mes de agosto, un 13 por cento máis que o ano pasado. E se falamos da Ría de Pontevedra, o aumento foi dun 31 por cento. Son algunhas das cifras máis destacadas que esta mañá ofreceu o Presidente de Portos de Galicia, no Balance dos Tránsitos de agosto. Os portos de titulariedade autonómica da provincia de Pontevedra recibiron 1.527 barcos en tránsito durante o pasado mes de agosto, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións. O que supón un 13 por cento máis que o mes de agosto do 2016. UN crecemento que sentiu tamén nas Rías Baixas e a Nivel Autonómico. Así o transmitiu esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, desde as oficinas portuarias de Pontevedra. O porto de Combarro en Poio foi o que recibiu un maior número de tránsitos na provincia, doblando case a cifra do ano pasado. Outro dato salientable é o do impacto económicos que deixan estas embarcacións durante a súa estancia nos portos galegos e nas súas vilas. O presidente da entidade fixo unha valoración positiva deste crecemento constante, xa que a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural tal e como recolle o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020.