Noia súmase á campaña ‘Non máis ciclistas mortos nas estradas’

    NOIA> A vindeira semana, do 5 ó 10 de novembro, desenvolveranse diversas actividades dentro desta campaña promovida pola Federación Galega de Triatlón.

    A campaña de sensibilización ‘Non máis ciclistas mortos nas estradas’ da Federación Galega de Triatlón ten coma principal finalidade concienciar ós condutores sobre o perigo que sofren os ciclistas, tratando de que se respecten as distancias de seguridade, evitando máis mortes. O concello noiés umarase a esta campaña, como tamén o fixeron outros concellos e cidades galegas. Así está previsto a realización de varias actividades ó longo da semana, entre o 5 e o 10 de novembro. A primeira delas será o día 5, coa instalación do parque móbil da DXT no colexio Alexandre Rodríguez Cadarso, na Barquiña, polo que irán pasando a totalidade de centros educativos do municipio. Eses día, desprazaranse tamén técnicos da DXT a impartir charlas sobre educación vial nos locais do Liceo e o día 8, ás oito e media da tarde desenvolverase na casa de cultura unha charla aberta a tódolos públicos sobre os danos persoais e colaterais dos accidentes de tráfico no que tomarán parte destacados poñentes entre eles o exciclista Ezequiel Mosquera. Xa o acto central terá lugar o domingo 10, cunha concentración e posterior marcha cicloturista, a partir das 12 da mañá na Alameda, e no que se contará tamén cunha exposición dos medios que interveñen habitualmente nos accidentes de tráfico {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/campanasensibilizaciontraficonoia311013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/campanasensibilizaciontraficonoia311013.mp4{/flowplayer}