Bota a andar o obradoiro de emprego Tahume

    BARBANZA> Na experiencia formativo-laboral tomarán parte unhas 24 persoas nos módulos de albanelería e carpintería.

    Esta mañá botaba a andar oficialmente o obradoiro de emprego Tahume: unha iniciativa mixta de emprego e formación cofinanciada pola consellería de Traballo e Benestar que será compartida polos concellos de Ribeira e Porto do Son durante o próximo medio ano. Na experiencia tomarán parte un total de 24 persoas, vinte homes e catro mulleres, distribuídos en dous módulos, un de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e outro de carpintería e moble. Na presentación do obradoiro participaron os alcaldes destes dous concellos nos que se desenvolverá esta acción formativa. Tanto Manuel Ruíz coma Luís Oujo destacaron a importancia deste tipo de iniciativas para poder obter unha capacitación profesional. En Ribeira os traballos que realizarán os alumnos-traballadores do obradoiro de emprego Tahume serán variados, destacando a continuidade da construción do centro social de Riveira que xa comezaran os alumnos do obradoiro Vionta e, por outra, a dotación de máis pasarelas de madeira a zona da praia da Catía, próxima ó entorno do río Listres, mentres que en Porto do Son encargaranse das obras de pavimentación que se teñen previsto realizar na zona de Outeiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/presentacionobradoiroempregotahume311013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/presentacionobradoiroempregotahume311013.mp4{/flowplayer}