A oposición dá as costas ós presupostos da Pobra

    POBRA> O goberno en minoría de Nós Pobra non foi quen de sacar adiante o seu proxecto de orzamentos para este ano 2016. Nós Pobra foi incapaz de aprobar no pleno a súa proposta orzamentaria para este ano, que ascende ós 6’8 millóns de euros. Dende o equipo de goberno defenderon un presuposto que segundo eles é realista, que cumpre coa legalidade vixente e co principio de estabilidade orzamentaria no que se destinarán a investimentos preto do millón de euros. Os tres grupos da oposición coincidiron na súa crítica ó goberno. Denunciaron a súa falla de xestión e a escasa participación que lle dá ós veciños e ó resto de grupos con representación na corporación, a pesar de gobernar en minoría. O Goberno municipal deberá traballar agora cos orzamentos prorrogados do ano anterior, unha circunstancia que limitará a súa xestión para sacar adiante proxectos importantes para o municipio.