Leirabuxo será o principal atractivo dos actos do ‘Ponte un san Cosmeiro’

NOIA> Noia prepara xa diversas actividades para honrar ó seu patrón, o San Bartolomeu. Unha delas será organizada como vén sendo tradición nos últimos anos pola asociación ‘Ponte un San Cosmeiro’. Será o sábado 21 de agosto.

A concellería de Cultura de Noia e a asociación ‘Ponte un San Cosmeiro’ decidiron celebrar o sábado 21 de agosto este evento a pesar da covid, despois do parón vivido o pasado ano. Aínda así a pandemia limitará se cabe moitos dos actos previstos para ese día. Destaca a actuación, no Curro, do grupo de música tradicional ‘Leirabuxo’.

Dende a asociación ‘Ponte un San Cosmeiro’, que recuperou esta festa hai xa sete anos fan un chamamento ós veciños a festexar igualmente este día, saíndo á rúa co traxe tradicional, iso si, mantendo as distancias.

Aproveitaron ademais o acto de hoxe para presentar o cartel oficial da edición da festa deste ano que volve a estar realizado polo fotógrafo local e membro da asociación Pedro García Losada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí