Persecución de película polas rúas da Pobra

     POBRA> Os axentes da Policía Local detiveron a un condutor por condución temeraria, non ter carné e ir baixo os efectos do alcol.

    {flowplayer}barbanza/persecucionpolicialpobra2.flv{/flowplayer}

    Nin Marcos Rodríguez nin Julio Mariño, os dous axentes da Policía Local da Pobra do Caramiñal, que esta pasada fin de semana detiveron ó condutor dun vehículo que circulaba de xeito temerario polas rúas da vila, despois dunha espectacular persecución máis propia dunha película que da vida real, se explican a día de hoxe a sorte que tiveron, non só eles, senón os múltiples usuarios da estrada AC-305 que naquel momento circulaban ou transitaban pola vía.

    Varios delitos

    Ó condutor, un veciño de Ribeira de 31 anos, aínda que de nacionalidade marroquí, impútanselle varios delitos. Ademais da condución temeraria, os axentes na súa detención decatáronse de que carecía de carné de conducir e que ía baixo os efectos do alcol.

    Accidentes anteriores

    Durante a comprobación dos datos, os axentes puideron saber tamén a instancias da Garda Civil de Boiro, que o vehículo en cuestión se vira implicado horas antes en varios accidentes. 

    Liberdade con cargos

    Á espera do remate do informe, o individuo atópase en liberdade con cargos, e nos próximos días pasará a disposición xudicial nos Xulgados de Ribeira.

    Redacción Barbanza