VILAGARCIA> A Xerencia de xestión Integrada de Pontevedra está a ofrecer información estes días ós traballadores do Hospital do Salnés das unidades de xestión clínica. É unha nova forma de traballar baixo incentivos na que os empregados que se adhiran voluntariamente deberan traballar en base as uns obxectivos asistenciais, de calidade e orzamentarios. O Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González, publicitou hoxe a información que se está a dar ós traballadores desta área sanitaria co gallo de animalos a entrar a formar parte das unidades de xestión clínica. Unha nova forma de traballar na que se fixan uns obxectivos de mellora e, de acadalos, os participantes, percibirían uns incentivos. A adhesión ós mesmos é voluntaria e a non participación nas mesmas non inflúe nas condicións actuais de traballo do SERGAS. O que se pretende é acadar a excelencia neste traballo cos mesmos recursos. O orzamento será o mesmo, pero se sobra, redestinarase en mellorar outros aspectos sanitarios. Non hai data para pechar o prazo de anotarse nestes plans; a Consellería de Sanidade prefire ir máis a modo pero con maior consenso. Aproveitando a comparecencia de González, requirímoslle unha valoración da evolución da integración do Salnés na área sanitaria de Pontevedra. Asegura que queda moito por facer pero os primeiros resultados foron ben satisfactorios: continúa a mellorarse a coordinación entre os centros, aumenta o aforro pola economía de escala e melloran tamén os medios técnicos e humanos no centro do Salnés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/hospital.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/UNIDADES_XESTION_INTEGRADA_HOSPITAL.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas








