Meaño vaise de tapas con dezaseis propostas gastronómicas

MEAÑO> Oito establecementos participan na quinta edición do Concurso de Tapas por Meaño. A cita estrea data, e pasa a celebrarse o 14 e 15 de marzo e do 18 ao 22 do mesmo mes. Poderán degustarse ata 16 elaboracións, coas que os locais buscan atraer un público diferente.

Os hostaleiros de Meaño poñen en marcha a súa imaxinación. O 14 e 15 de marzo e do 18 ao 22, oito locais terán que ofrecer 16 tapas distintas aos seus comensais. Arrinca a quinta edición do Concurso de Tapas por Meaño.

As tapas serviranse entre as 12 e as 2 do mediodía e entre as 8 e as 10 da noite, cun custo de 2 euros por cada unha. As propostas son variadas, ofrecendo pinceladas diferentes para atraer un público distinto.

Unha das novidades desta edición é o cambio de data. O concurso celebrábase no mes de decembro, pero tras consultalo cos hostaleiros decidiu mudarse para marzo.

Os premios fallaranse o 27 de marzo ás 7 da tarde no Centro Social de Dena, cun xurado de profesionais que se encargará de escoller a mellor tapa. Ao longo das xornadas o público poderá participar ademais votando para conseguir un premio a maiores. Poderán entrar no sorteo de 240 euros en vales consumibles e dous premios de 80 euros en metálico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí