O Alcampo de Vilagarcía abrirá as súas portas o vindeiro martes

    VILAGARCIA> O vindeiro martes abrirá ao público o Alcampo de Vilagarcía. Unha área comercial de uns 5.000 metros cadrados, que busca complementar a oferta xa existente na vila, e ser unha alternativa para aqueles cidadáns que se desprazan ata outras áreas comerciais que están fora da comarca para facer as súas compras. Pan artesanal elaborado diariamente, hortalizas de O Salnés ou pescado e marisco das lonxas de Carril, Cambados ou Riveira, son só algúns dos produtos que o Alcampo de Vilagarcía ofrecerá aos seus visitantes, a partir do vindeiro martes cando abra as súas portas, e farao asegurando o seu mellor prezo. A compañía investiu no Alcampo de Vilagarcía preto dos 7,5 millóns de euros. O hipermercado ofertará aos seus clientes aparcamento para 350 vehículos e unha gasolineira, con prezos competitivos, que estará aberta de luns a domingo, dende as 06:00 ata as 24:00. A empresa cumprindo o seu compromiso de inclusión laboral e en colaboración coa fundación ONCE, un 5% dos mesmos son persoas con discapacidade. Os seus 150 traballadores levan xa máis de 9.000 horas de formación dende que foran seleccionados para formar parte do equipo de traballadores de esta superficie. Esta nova área comercial na capital de Arousa ademais permitirá a compra on line sen pagar máis polos produtos. A compra poderá recibirse na dirección indicada ou retirarse nun punto de recollida que estará operativos as 24h no párking.