Iniciativa do PP para que Costas desbloquee a renovación do colector de Tragove a Vilanova

CAMBADOS> O PP presenta no Parlamento Galego unha proposición non de lei para reclamar ao goberno central que desbloquee a renovación da rede de colectores de augas residuais entre a EDAR de Tragove e Vilanova. Os populares non entenden por qué o executivo de Pedro Sánchez mantén paralizado o proxecto, cando a Xunta ten xa un proxecto para a súa reforma.

O PP leva ao Parlamento de Galicia a situación dos colectores de augas residuais entre Tragove e Vilanova. Os populares presentaron unha proposición non de lei solicitando á Xunta que pida a Costas do Estado que desbloquee ese proxecto. Din non entender por qué continúa paralizado.

Os populares lamentan a actitude do goberno central. Lamentan as consecuencias que ten no medio ambiente o bloqueo deste proxecto que, impactan -din- sobre o sector pesqueiro. Ademais, pídenlle ao Concello de Cambados que se implique no proxecto.

A través dun comunicado, o alcalde cambadés considera que o PP xa entrou en campaña electoral. Samuel Lago pregúntase que xestión fixeron Augas de Galicia e o Concello de Vilanova directamente co Ministerio de Transición Ecolóxica ou con Costas do Estado para desatascar o proxecto. No que respecta á implicación do Concello de Cambados, o alcalde lembra que “Augas de Galicia, redactora do proxecto, nin remitiu o proxecto ao Concello de Cambados nin se lle encomendou ao goberno local  facer ningún tipo de tramitación”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí