Sanxenxo chama ó Turismo con “Productos de Outono”

    SANXENXO> CETS e Turismo de Sanxenxo poñen en marcha este mes Productos de Outono: unhas xornadas, como o seu propio nome indica, que xiran en torno á promoción dos productos típicos destas datas. Con esta inténtase desestacionalizar o turismo e continuar atraendo xente a este Concello pioneiro neste sector en Galicia. Os cogomelos, as castañas ou a carne de caza están a ser os principais aliados dos hostaleiros de Sanxenxo neste mes de novembro. Con estes productos de temporada, o CETS e a empresa mixta Turismo de Sanxenxo intentan desestacionalizar o turismo e continuar atraendo público ata este Concello, tamén en temporada baixa. O epicentro desta iniciativa son as xornadas gastronómicas de outono, nas que participan oito locais de hostalería. Varios deles, incluso complementan os menús con sesións de SPA ou outras opcións de beleza e relax; tal e como se informa en turismodesanxenxo.com. E conscientes de que os tempos non están para moitas alegrías e de que gran parte dos seus clientes serán os chamados de proximidade, os prezos están ben axustados para que a economía non sexa un impedimento á hora de desfrutar dos productos do outono. Desde Turismo de Sanxenxo fan un chamamento á cidadanía á saír da casa e darse unha alegría, aínda que sexa só por unhas horas, na capital do Turismo Galego. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/castanas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/xornadas_gastronomicas_outono.mp4{/flowplayer}