PORTO DO SON> Esta mañá presentábase en Porto do Son unha nova edición da súa Feira Celta.
Unha das actividades que tódolos anos atrae á vila a un maior número de visitantes.
Por diante tres días de festa, con música en directo, espectáculos de rúa e o tradicional mercado celta, que este ano aumentará tamén o número de postos.
Dende o Concello destacaron tamén a importancia desta cita, convidando a tódolos veciños a participar na feira, ataviados cos seus mellores disfraces da época.
A empresa La Fragua de Vulcano será un ano máis a encargada do deseño da Feira. na que destacarán os espectáculos previstos para as noites a cargo de Troula Animación: ‘Errantes’, ‘SubUmbra’ e ‘Lume’






