![]()
LOUSAME> A Xunta de Galicia dou luz verde á rehabilitación dun edificio de pedra no complexo das minas de San Finx.
{flowplayer}barbanza/restaurantesanfinx.flv{/flowplayer}
A conversión do poboado mineiro de San Finx nun centro turístico de referencia dará un paso máis coa rehabilitación do antigo cuartel da Garda Civil do complexo grazas a unha subvención da Consellería de Cultura de máis de douscentos mil euros.
Os traballos consistirán na conversión do edificio de pedra en cafetería e restaurante para os visitantes. Ademais habilitarase unha tenda na que se poderán adquirir recordos deste enclave turístico.
Está previsto que as obras se inicien durante o mes de marzo e poderían estar rematadas a finais de 2012 ou principios de 2013. Unha vez concluídas o concello sacará a contratación a explotación do establecemento hosteleiro que permitirá o autofinanciamento do museo.
Redacción Barbanza










