O Salón García reabre as súas portas con tres días de espectáculo

    VILAGARCIA> O Salón García de Vilagarcía volve a abrir as súas portas como sala de espectáculos a mediados deste mes, e faino cunha programación creada por e para o público vilagarcián. O teatro, a música e os espectáculos de variedades centrarán o groso da programación. O sorriso que lucía hoxe a edil de Cultura de Vilagarcía Rocío Llovo era do máis elocuente. Nel líase a satisfacción dun soño profesional e persoal cumprido: volver a abrir as portas dunha sala de espectáculos do que seu avó foi o primeiro director. O Salón García volverá a abrir as súas portas o venres 15 de novembro con tres días de celebración nos que non faltarán a música, o teatro e os espectáculos de variedades, ou de varietés como se dicía daquela, a finais do 1800 cando se fundou. O primeiro día, o venres, a programación estará centrada na música e o seu público estará conformado por autoridades e traballadores dos medios de comunicación que darán boa conta do resultado desta remodelación. O sábado serán os grupos de teatro local os que enchan este escenario: actuarán os grupos teatrais Clámide, o da Asociación Cultural Nydia, Trípode e o Noso Lar. Nas butacas sentarán, sobre todo, membros dos colectivos veciñais e asociacións deste Concello que se encontrarán cunha chamativa sorpresa nada máis chegar que os fará sentirse como se volvesen atrás no tempo, á época esplendorosa do Salón García. O Domingo, pola mañá actuará a Banda de Música e pola tarde haberá dobre sesión de cine clásico para os pequenos e para os adultos. Para asistir a todos estes primeiros actos haberá que contar con invitación posto que o aforo é limitado. O acceso será de balde, pero haberá que recoller previamente este tiket para controlar o número de persoas que completan o recinto. O Concello informará en breve do xeito e lugares para recoller os convites. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/obras_cuntis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/inauguracion_salon_garcia.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí