CCOO e CIG mobilízanse contra a reforma das pensións

PONTEVEDRA>Esta mañá sucedéronse as protestas en contra do reaxuste no sistema de pensións aprobado polo Goberno Central, que propón subas, no mellor dos casos, dun 0.25% e non en función do IPC. En Pontevedra, Comisións Obreiras e CIG acudiron pancarta en man fronte á sede do Instituto Nacional da Seguridade Social para opoñerse a esta medida que suporá unha importante merma da capacidade adquisitiva da terceira idade. Os sindicatos CIG e Comisións Obreiras coincidiron este xoves, malia convocar cada un pola súa banda, en cadansúa mobilización ás portas do Instituto Nacional da Seguridade Social en Pontevedra. Con estes actos reivindicativos a media mañá querían esceneficar o seu rexeitamento á reforma das pensións que ven de aprobar o Goberno Central e que suporán no mellor dos casos reaxustes á alza do 0.25 %, non en función do IPC. Desde as dúas forzas sindicais denuncian que se está a priorizar o saneamento da banca e de outras entidades privadas en detrimento do sistema de pensións. Para eles urxe unha reforma fiscal e fiannceira que asegura o futuro das pensións; amáis de políticas de incentiven ó emprego. Desde a CIG denuncian que esta decisión sobre as pensións é xa firme por mor do asesoramento dun comité de doce expertos seleccionado polo PP, dos cales nove membros procedían de bancos e aseguradoras, directamente interesados na prestación de pensións privadas; co que non podían ser máis parciais no seu xuízo. Con respecto a se había unidade sindical finalmente nesta cuestión, a CIG desmarcouse da acción de CCOO asegurando que eles sempre estiveron no certo. A Confederación Intersindical Galega propón unha mobilización en defensa das pensións para o vindeiro xoves día 14, ás 8 da tarde, con saída na Praza da Ferrería en Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/pensions.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/PROTESTAS_PENSIONISTAS_071113.mp4{/flowplayer}