Os veciños protestan polo mal estado da rúa Rodrigo de Mendoza

    VILAGARCÍA> O abandono da rúa Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, ten indignados ós veciños desta zona, situada fronte ó recinto feiral Fexdega e que transcorre paralela ó río do Con. Os residentes quéixanse do mal estado das baldosas, de que se escorrega pola ponte de madeira e do complicado que lles resulta o acceso en coche ós seus garaxes. Os veciños denuncian o abandono que sofre desde hai anos a rúa Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía. Tanto veciños como os que acostuman a pasar por esta rúa, situada fronte a Fexdega, e paralela ó río do Con, reclaman do Concello que faga unha zona peonil en condicións, como nas rúas perpendiculares a esta. Os veciños indican que as varandas levan anos sen pintar, que as macetas se usan de papeleiras, xa que non hai, ou incluso que non se limpan os sumidoiros e que por sio se anegan de auga. Tamén protestan polo estado escorregadizo da ponte de madeira sobre o río do Con para o paso de peóns. Os residentes critican tamén o acceso ós garaxes no tramo peonil da rúa, só poden entrar e saír por esta rúa ó estar as perpendiculares cortadas con bolardos, e se lles vén un coche de fronte, teñen que subir á beirarrúa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/rodrigo_mendoza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/QUEIXAS_VECINOS_RODRIGO_MENDOZA.mp4{/flowplayer}