O goberno municipal presenta os orzamentos de 2020, “os mayores da historia recente de Pontevedra”

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou esta mañá o orzamento do 2020. Un presuposto que crece nun 3,5% con respecto ao ano anterior, acadando así os 79 millóns de euros. A cifra máis alta da historia da Boa Vila.

Así comezaba esta mañá a presentación do presuposto para este 2020. O orzamento, de 79 millóns 336 mil euros, é o máis alto da historia de Pontevedra. Unhas contas que, ademais, teñen un forte compoñente inversor, social e medio ambiental.

O orzamento inicial de Pontevedra supón un crecemento do 3,5% con respecto as contas do ano anterior. No capítulo de inversións, a cifra chega ata os 10,3 millóns de euros. Un presuposto destinado a reformas como a do barrio de Mollavao, a de Loureiro Crespo ou a do futuro complexo deportivo da Parda. Na parte de transferencias de capital, o Concello destinará 2,6 millóns de euros ao Gran Montecelo e á reforma da estación de autobuses.

O alcalde de Pontevedra asegurou que o incremento dos presupostos ven dado polo crecemento de poboación e pola mellora da actividade económica. Xa que, tal e como recordou Lores, as taxas continúan conxeladas por quinto ano consecutivo.

O goberno municipal espera poder aprobar este presuposto no pleno ordinario de febreiro.