Campolongo e Monte Porreiro únense á compostaxe

29

PONTEVEDRA> Os mestres composteiros formados pola Deputación comezan o seu traballo no concello de Pontevedra e porán en marcha o plan de residuos co que os barrios de Monteporreiro e Campolongo poderán comezar coa compostaxe á volta do verán. 

 

Esta mañá parte dos mestres composteiros titulados pola Deputación de Pontevedra recibían as súas acreditacións como traballadores do concello da cidade para comezar a pór en marcha o Plan de Compostaxe creado pola institución provincial do que Pontevedra pretende ser o modelo que trasladar a outros municipios. 

Os mestres composteiros están divididos en tres equipos que implantarán o proceso de compostaxe en toda a área de Monteporreiro e Campolongo e que crearán un Plan de Residuos para todo o concello.

Con estes resultados porase en marcha o plan definitivo e co nivel de traballo dos bolseiros da Deputación dende a institución e o concello aseguran que rematarán antes do esperado. Calculan que o plan estea rematado antes de dous meses e que tendo en conta os tempos administrativos de compra de composteiros espérase que tralo verán Campolongo e Monteporreiro podan comezar a súa compostaxe comunitaria. 

Con respecto á futura planta de compostaxe da Canicouva aseguraron que non teñen presa por rematala no 2017 a fin de evitar calquera posible erro nunha infraestrutura que pretende dar servizo durante 20 ou 30 anos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/23/traballo_mestres_composteiros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/23/traballo_mestres_composteiros.mp4{/flowplayer}