PONTEVEDRA> A falta de limpeza no municipio protagonizou esta mañá o Pleno municipal. O Partido Popular denunciou o estado de sucidade no que se encontra Pontevedra e pediu ao goberno local que mellore o servizo de recollida de lixo. Unha moción dos populares que, aínda que foi rexeitada, levantou os ánimos dos membros da corporación.
O Partido Popular levou esta mañá ao Pleno municipal a falta de limpeza en Pontevedra. Para paliar este problema, Rafa Domínguez pediu ao goberno, entre outras medidas, o incremento de frecuencias na recollida de lixo, o aumento de colectores para o reciclaxe e o reforzo de limpeza tanto no centro como nos barrios e parroquias.
Esta moción foi duramente criticada por César Mosquera. O concelleiro nacionalista asegurou que hai un responsable directo da falta de limpeza que hai en toda a cidade.
Unhas acusacións que non pasou por alto o voceiro do PP.
Rafa Domínguez esixiu tamén ao goberno municipal que levase a cabo tarefas de desratización na cidade. Unha petición que foi respondida así polos nacionalistas.
Finalmente esta moción para mellorar a limpeza na cidade foi rexeitada cos votos en contra do BNG e do PSOE. Así como tamén o foi a proposición da baixada do IBI do PP ou a moción de Cidadáns na que pedía que se declarase o Estado de Emerxencia Climática. Neste eido, se algo nos deixa este pleno é esta imaxe. A decisión do goberno local de servir a auga en xerras e non en botellas como ata agora.