O Museo de Pontevedra alberga 18.000 pezas artísticas

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra vive un dos seus mellores momentos; conta no seu haber con milleiros de obras que fan del o museo provincial máis grande de España. En total contabiliza uns 18.000 rexistros, entre eles máis de medio milleiro de debuxos orixinais de Castelao. Amais das labores de exposición e almacenamento, o Museo pontevedrés encárgase do mantemento e conservación do patrimonio provincial sexan do tipo que sexan: pictórico, arqueolóxico, en madeira, pétreos,… Para iso contan cun plantel de ata sete restauradores, amais do seu director Carlos Valle. Entre os traballadores é frecuente atoparse estudiantes en prácticas da facultade de restauración con sede nesta mesma Cidade do Lérez, e tamén bolseiros procedentes desta mesma titulación, como é o caso de Fernando de Rois, ó que a Deputación de Pontevedra ven de prorrogar o seu contrato en prácticas. Amais do cadro de traballadores, neste museo medra tamén a dotación material con importantes novidades como é a cámara de desinsectación por anoxia, unha gran cámara hermética na que se introduce á obra de arte e logo se substitúe o osíxeno por nitróxeno o que mata os bechos e xermes que poidan afectar ás produccións artísticas. Conscientes do importante labor patrimonial que desenvolve este centro, pero tamén da precariedade orzamentaria que impoñen os tempos, a Deputación está a darlle unha volta ás contas para intentar aforrar en custes neste concepto sen que repercuta na calidade das súas actuacións. Entre os traballos de restauración nos que están a traballar actualmente figuran varias xoias antigas destinadas a unha exposición temporal de seu do propio Museo ou unha táboa do antigo retablo de Santa María. Trátase da última táboa que queda por restaurar das cinco que compoñen o retablo e que representan outras tantas escenas da vida da Virxe. As catro restantes están nestes momentos en exposición. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/museo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/TALLER_RESTAURACION_MUSEO.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí