Cen tiradores xóganse en Pontevedra a presencia no nacional de esgrima

PONTEVEDRA> O Pavillón dos Deportes de Pontevedra acolle este sábado o II Trofeo Rías Baixas de Esgrima. Unha competición que alberga o Torneo Nacional de Ranking Sabre individual e por equipos para tiradores de ata 20 anos. O evento foi presentado no concello. O Club Escola Hungaresa de Esgrima, en colaboración coa Concellería de Deportes, organiza o evento, que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes este sábado e onde se agarda unha participación de máis de 100 tiradores e 20 equipos. A importancia da proba radica en que é unha das dúas clasificatorias para o Campionato de España. A outra celébrase en Madrid. A Escola Hungaresa de Esgrima participa con 8 tiradores e 2 equipos en sabre masculino e 5 tiradoras e 1 equipo en sabre feminino O torneo dará comezo ás 09:00 co sabre masculino e ás 10:00 co sabre feminino. As finais individuais están previstas para As 13:00. A continuación terá lugar a Liga Nacional de Clubes, proba por equipos que dá o acceso aos catro primeiros clasificados ao Campionato de España de Sabre M-20, e que ten as finais previstas para as 18:00. Haberá participantes das escolas máis importantes de España e tamén contarase coa participación do equipo nacional portugués de sabre en categoría junior. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/esgrima600_071113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/esgrima_071113.mp4{/flowplayer}