O ribeirense Bruno Iglesias participará no Campionato Europeo de Ilca 4

RIBEIRA> O deportista ribeirense Bruno Iglesias participará no Campionato de Europa ILCA 4 en Eslovenia. O regatista está a adestrar duramente para volver cunha medalla deste campionato que se celebrará entre o 5 e o 12 de abril.

Tras clasificarse a nivel nacional, o ribeirense Bruno Iglesias desprazarase esta semana ata Eslovenia para participar no Campionato Europeo de Vela Ilca 4.

Competirá na categoría sub-16 posto que tan só ten 14 anos. A pesar da súa curta idade conta cunha ampla traxectoria chea de triunfos grazas ó seu esforzo e dedicación posto que esta disciplina é individual polo que depende unicamente de el.

Nestas semanas estivo a adestrar moi duro, tanto en ximnasio como en barco para volver de Eslovenia cunha medalla.

Dende o Club Náutico de Ribeira seguirán a apoiar a Bruno en tódalas súas citas deportivas posto que é o mellor exemplo da gran canteira con que conta a escola de vela da entidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí