O Salón do Libro retoma as súas actividades cun formato virtual

PONTEVEDRA> A crise do coronavirus obrigaba hai uns días ao Concello de Pontevedra a pechar o Salón do Libro. Unha das actividades culturais máis importantes do ano. Sen embargo, o goberno municipal conseguiu darlle a volta a situación e decidiu retomar o evento cun formato virtual.

O sector cultural é sen dúbida un dos máis afectados nesta emerxencia sanitaria. En Pontevedra, o coronavirus obrigou a cancelar unha das citas máis importantes do ano. O Salón do Libro pechaba apenas 6 días despois de abrir as súas portas. Sen embargo, a organización deste evento conseguiu repoñerse aos acontecementos e atopou unha nova alternativa. O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil retoma agora as súas actividades en formato virtual.

Grazas a esta iniciativa, os máis pequenos poderán seguir gozando dos contacontos, exposicións e obradoiros que estaban organizados para esta edición do Salón pero dende casa.

O impacto que terá o coronavirus no sector cultural é aínda inimaxinable pero con iniciativas coma esta, a situación levarase un pouco mellor.

Todas as actividades do Salón do Libro serán difundidas a través das redes sociais e da web do evento. As publicacións terán lugar arredor dás 12:00 horas da mañá e dás 17:30 horas da tarde. Un novo plan en familia para estes días de confinamento.