PONTEVEDRA> Continuamos co tema de ENCE. Comisións Obreiras anunciou esta mañá que durante o período de campaña electoral, o sindicato levará a cabo diferentes mobilizacións na cidade co obxectivo de seguir defendendo aos traballadores da fábrica. Ademais, o secretario da organización sinalou ao PSOE como único responsable da situación actual da pasteleira.
O secretario de Comisións Obreiras anunciou esta mañá numerosas mobilizacións na cidade durante os próximos meses co obxectivo de seguir loitando para que ENCE non abandone a ría de Pontevedra. Ademais, o sindicato sinala ao PSOE como único responsable da situación actual da fábrica.
Comisións Obreiras aseguran que o cambio de criterio da Avogacía do Estado con respecto á prórroga concedida a ENCE forma parte dunha persecución política cara a pasteleira.
O sindicato cre que o peche de ENCE é unha posibilidade real, e de levarse a cabo, aseguran que provocaría un deserto industrial para Pontevedra.
Comisións Obreiras tacha ao PSOE de impresentables, covardes e mentireiros por falar dun traslado que saben que é imposible, e aseguran que ninguén é consciente aínda das consecuencias reais que tería para a cidade de Pontevedra o peche de ENCE.











