A Deputación construirá o novo campo de Vilaxoán se o concello colabora

    reunionclubsmartin_100_030407.jpgVILAGARCÍA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse hoxe co presidente do club de fútbol San Martín.

    Rafael Louzán e Valentín Gil falaron da necesidade dun campo de herba artificial de última xeración, no actual campo de fútbol de Vilaxoan. O presidente da entidade provincial comprometeuse a construír o campo se o Concello de Vilagarcía colabora.

    O campo de Vilaxoan é de herba natural, pero cando chove se forman moitos buratos no terreo, o que o fai impracticable para o deporte; por iso os representantes do Club piden axuda ó presidente da entidade provincial para convertelo nun campo moderno onde os rapaces poidan xogar sen ningún perigo.

    O campo actual de Vilaxoan, ten case vinte anos e xogan máis de 150 rapaces. Unha vez que o Concello de Vilagarcía se comprometa a colaborar, redactarase o proxecto e comezarán as obras no campo, para tentar rematalo antes de finais de setembro.

    Plan deportivo

    Esta actuación está incluída dentro do Plan deportivo que está a desenvolver a Deputación Provincial de Pontevedra e co que prevé dotar de céspede artificial máis de 50 campos de fútbol en toda a provincia. O proxecto base ten un orzamento de 368.000 euros dos cales o Concello terá que aportar o 25% e o 75% restante a entidade provincial.

    O proxecto comprende a seguintes actuacións: realización da obra civil de infraestructura básica, instalación de herba artificial e dos seus compoñentes, instalación de dous porterías fútbol 11, instalación de dous porterías abatibles fútbol 7, instalación de 4 banderines de corner, 2 banquiños de suplentes, un marcador e 200 asentos.

    Redacción Salnés