VILAGARCIA> Vilagarcía esixe aos locais hostaleiros que cumpran coa ordenanza municipal. Unha vez rematado o horario de verán, o goberno local e a policía velan polo cumprimento das normativas para garantir o descanso da veciñanza. Na última semana rexistráronse 16 propostas de sanción por incumprimentos e se lle retirou a terraza, ata que regulen a situación, a preto de 5 establecementos.
Coa fin de verán, o horario das terrazas e de apertura dos locais hostaleiros vese reducido. Uns horarios, que segundo informou o goberno de Vilagarcía, algúns locais non están a respectar. Motivo polo cal a policía local propuxo ata 16 denuncias de sanción na última semana.
Dende o concello piden aos locais que cumpran coa ordenanza municipal e respecten os horarios propios da licencia de cada establecemento. Garantindo así o descanso da veciñanza.
A polémica polos horarios das terrazas ten o seu punto de máis controversia na Praza do Castro. Onde os hostaleiros piden aumentar os horarios para poder traballar con normalidade. Unha medida que segundo sinalan dende o concello é posible pero tense que facer en conxunto e é un proceso longo.
O límite dos horarios non é a única problemática. A algúns locais retiróuselles a terraza ata que regulen a situación.
Outro motivo polo que se están sancionando aos locais é polos niveis de son. Dende o concello lembran que as medidas de son tamén depende da licencia que teña o establecemento.