A Deputación inviste 600.000 euros na reforma da ponte de Barrantes

    rehabilitacion_ponte_barrantes100.jpgRIBADUMIA> A Deputación investirá uns seiscentos mil euros na rehabilitación da ponte de Barrantes sobre o río Umia.

    {flowplayer}images/salnes/REHABILITACION_PONTE_BARRANTES.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> A Deputación de Pontevedra investirá uns seiscentos mil euros na rehabilitación da ponte de Barrantes sobre o río Umia, que ten máis de setenta anos de antigüidade.

    O presidente Rafael Louzán presentou hoxe o proxecto que, unha vez aprobada a súa licitación, terán un prazo de execución de aproximadamente oito meses. A Deputación confía en que as obras comecen ó final do verán. Os traballos faranse ademais coa ponte pechada ó tráfico.

    A diagnose feita no seu día sobre esta ponte amosou un claro deterioro para o tráfico rodado nas súas vigas. Así, no proxecto de reforma recóllese a renovación total da estrutura, cun reforzo na cimentación das pilas existentes. Tamén se instalarán seis vigas tipo artesa e unha lousa de formigón. Dotarase á ponte de beirarrúas e a calzada definitiva ocupará 7,4 metros de ancho, polos pouco máis de 4 actuais.

    Tamén se iluminará a estrutura da ponte e construirase unha barreira de seguridade para os vehículos e unha varanda de protección peonil. Ademais, adaptarase o trazado de acceso para diminuír a cota da rasante, que favoreza a visibilidade e a seguridade. O proxecto inclúe o acondicionamento da área recreativa da zona de Vilariño, en Cambados.

    Redacción Salnés