A Deputación comeza a construción da ronda de Pontevedra

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra vai a licitar o primeiro tramo da ronda urbana de Pontevedra; unha primeira fase que terá un custe de 60.000 euros, dentro dos 2.4 millóns de euros que se prevé que ascenda o global da actuación, a financiar ó 50 % entre o ente provincial e o Concello de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra pon en marcha a primeira fase das obras da ronda urbana cunha primeira actuación do acceso a Montecelo- Príncipe Felipe. Trátase dun vial de dous carrís de tres metros e medio de ancho, beiravía de un metro e unha senda peonil de catro metros. Esta actuación custará 60.000 euros e conta cun prazo de actuación de catro meses. Amais a Deputación pediralle á adxudicataria que acometa unha mellora no acceso peonil que vai da ponte das Correntes á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra que pasará a integrarse nesta ronda. Este futuro vial suporá unha importante solución ó tráfico rodado na Cidade do Lérez, financiado ó 50 % pola Deputación e o Concello de Pontevedra; este último farase cargo tamén das expropiacións e dos permisos; co fin de eliminar o actual atallo que transcorre polas Rúas das Pereiras, das Olivas e Angel Limeses, que a día de hoxe non son quen de dar conta do tráfico actual. Na Xunta de Goberno desta mañá a Deputación aprobou tamén actuacións en varios Concellos da Provincia por valor de 700.000 euros. Entre elas encontramos a mellora nas redes de saneamento, auga e accesos nas rúas Hortas e Aromas de Leyenda, en Vilanova de Arousa, por 200.000 euros; a mellora da eficiencia enerxética na rúa Galicia, en Dena- Meaño por case cincuenta e sete mil euros; e a construcción dun parque infantil no Centro Municipal en Couto de Arriba-Castrelo e Oubiña, en Cambados, por case vinteoito mil euros. Nesta mesma rolda de prensa, o Presidente da Deputación pronunciouse sobre a polémica internas no Goberno Local pontevedrés sobre o sobrecuste das obras do Estadio de Fútbol de Pasarón. Este asunto é para Louzán outro claro exemplo do desnortados que andan os socialistas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/louzan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/xunta_goberno_deputacion_081113.mp4 {/flowplayer}