Montecelo como “hospital único”

5

PONTEVEDRA> A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública lanza unha Iniciativa Lexislativa Popular co fin de que a Xunta de Galicia invista no hospital de Montecelo como hospital único. Tanto plataforma como políticos locais entenden que o único proxecto de consenso ao que poderían chegar coa Xunta sería este e non a creación dun hospital en Monte Carrasco.

 

A proposta de retomar o proxecto de mellora sanitaria en Pontevedra que onte deixaba caer o conselleiro de Sanidade na inauguración da exposición dos 25 anos do Sergas xa recibiu as primeiras críticas e é que non son poucos os que non cren as palabras de Almuiña. Tanto a Plataforma pola Sanidade Pública como representantes políticos de BNG, PSOE e Marea, sindicatos e outros colectivos temen que as súas promesas formen parte xa dunha posible precampaña electoral.

Neste sentido a Plataforma lanza unha Iniciativa Lexislativa Popular para pedir a Xunta investimentos no hospital de Montecelo e desbotar definitivamente a idea de crear un novo hospital en Monte Carrasco.

A unión dos servizos hospitalarios de Montecelo e o hospital provincial non deixaría estas instalacións en desuso xa que a plataforma plantexa para ela outras funcións.

A ILP tamén reclama a dotación de recursos do Hospital do Salnés. Para que esta vaia a debate no Parlamento de Galicia son necesarias 10.000 firmas que comezarán a recoller nos vindeiros días.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/plataforma_sanidade_publica_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/plataforma_sanidade_publica.mp4{/flowplayer}

 

COMPARTIR