Comeza o xuízo do meco que intentou matar ao seu xenro a machadas

PONTEVEDRA> Este martes declarou, na Audiencia Provincial de Pontevedra, o grovense acusado de tentar matar ao seu xenro cunha machada. A Fiscalía Provincial pide que sexa condenado a 14 anos de cadea e a unha orde afastamento duns 15 anos con respecto ao seu xenro e tres a súa filla. O grovense que intentou matar ao seu xenro cunha machada no 2015 sentou, este martes, na bancada dos acusados da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. O acusado negou que tentase facerlle mal ao seu xenro O acusado entrou na casa e feriu ao seu xenro cunha machada, a ferramenta partiulle e tivo que saír da casa para coller outra no garaxe, momento que aproveitou a filla para fechar as portas, mentres este ameazaba dende fora con que os ía matar, sendo detido pouco despois pola Garda Civil.Os feitos aconteceron a finais de abril do 2015 na vivenda na que residía a familia, e na que segundo afirma o acusado había problemas de convivencia. A filla do acusado declaraba ao mediodía e dixo que a ela tamén a agarrou ao tempo que lle dicía “a ti tamén te mato”. Nas conclusións provisionais o fiscal considera que os feitos constitúen un delito de asasinato en grao de tentativa e outro de lesións no ámbito familiar, polos que pide que o condenen a catorce anos de prisión e lle prohiban achegarse ou comunicarse co xenro e coa filla durante tres anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí