Investigan a autoría dun roubo nun bar na Pobra

    POBRA> Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado xoves no bar Gely´s, ubicado na alameda. os ladrón leváronse do seu interior uns dous mil euros en metálico.

    O bar Gely´s, ubicado na alameda pobrense, foi o último dos locais na zona, que sufriu a visita dos ladróns. O suceso producíase na madrugada do pasado xoves. Segundo nos relatou o seu propietario, Armando Iglesias, os ladróns conseguiron entrar no interior do local a través dunha fiestra que dá á planta superior, que sirve de almacén, dende a rúa da Paz. Unha vez dentro foi directo os cartos, un bote onde se gardaban uns dous mil euros, da peña da quiniela do local e tamén, algún diñeiro en metálico, para realizar pagos a proveedores do propio establecemento. O propietario do local non botou máis en falta no local. Esta non é a primeira vez que recibe a visita dos cacos. Segundo el existe un certo temor entre os hostaleiros da localidade ante o incremento dos roubos neste último ano. Unha situación que mesmo os levou a trasladar a súa preocupación por este tipo de feitos ás autoridades locais para que aumenten a vixilancia na zona. Tras denunciar os feitos, a Garda Civil iniciou unha investigación para dar co autor ou autores do roubo. As primeiras sospeitas fan pensar de que se trata dun vello coñecido das forzas da orde que se dedica habitualmente a este tipo de feitos na zona. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/roubobargely´spobra081113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/roubobargely´spobra081113.mp4{/flowplayer}