Educación arranxará os problemas de inundacións no Praia Xardín

    BOIRO> O anuncio das obras partía do propio Xefe Territorial, Indalecio Cabana, un día despois da mobilización reivindicativa convocada pola ANPA e a dirección deste centro educativo boirense.

    O pasado mes de outubro as chuvias provocaron importantes filtracións de auga en varias aulas de infantil do Praia Xardín, que afectaron tanto ás paredes coma o chan, así como a diverso material eléctrico. Unha situación que mesmo obrigou a trasladar a un pasillo as clases dos nenos. Era un punto e seguido a unha longa lista de deficiencias que dende a ANPA e a propia dirección do centro viñan pedindo solución dende hai tempo. Un dos principais motivos que os levou mesmo a mobilizarse polas rúas de Boiro. Agora parte delas terán unha resposta por parte da Xunta. O Xefe Territorial negou que non se fixera nada nestes últimos anos neste colexio. Así aludiu ós máis de 75 mil euros investidos pola Xunta na reposición da cuberta e na mellora da instalación eléctrica. En canto ó novo decreto de comedores instaurado no presente curso pola Xunta, outro dos motivos que levaron ós pais a mobilizarse, debido ó sobrecusto que este servizo ía supoñer para moitas familias, Indalecio Cabana, sinalou non compartir este argumento, dando por bos os números da Consellería a este respecto que evidencian que máis do 80% dos nenos que usan o comedor non pagan ou se o fan tan só abonan un euro. Aínda así, dende a ANPA e a dirección do Praia Xardín teñen claro que continuarán coas protestas ata que a Administración non dea unha solución a tódolos problemas que presenta o centro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/xefeterritorialdeficienciaspraiaxardin111113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/xefeterritorialdeficienciaspraiaxardin111113.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí