![]()
PONTEVEDRA > Na xunta de portavoces celebrada esta mañá no concello de Pontevedra non se chegou a acordo respecto ó soldo dos concelleiros, estes pasaran a votación no pleno que se celebrará o venres. Nesta xuntanza expuxéronse os puntos que se levarán a pleno e pese o dito a semana pasada polo portavoz da oposición, Telmo Martín acudiu puntual á xunta.
O popular, sen embargo, volveu repetir que de seguir o goberno con ‘esta actitude’ non volverá acudir ás xuntas. Do mesmo xeito dixo que agardará ate setembro por si é o calor o que está afectando ós nacionalistas e socialistas pontevedreses. Pese a isto a xuntanza desenvolveuse este mediodía cun ambiente de cordialidade e cunha gran rapidez.
Os portavoces dos diferentes grupos políticos de Pontevedra non chegaron a un acordo unánime en relación ás dedicacións exclusivas dadas á oposición e Telmo Martín volveu repetir que non entendía por que tendo máis concelleiros que na lexislatura anterior teñen agora menos dedicacións exclusivas.
No pleno que se celebrará o venres ás 12 do mediodía no teatro principal levarase a votación os salarios dos 8 concelleiros con dedicación exclusiva deste mandato. O salario proposto é de 44.000 euros brutos ó ano. O mesmo que o edil ou edís que reciban a dedicación exclusiva da oposición posto que Telmo falaba este mediodía de que non sabían se repartir a dedicación entre dúas persoas. Unha soa dedicación para a oposición como castigo do bipartito pola marcha de Telmo Martín da anterior xunta de portavoces trala súa negativa a quedarse só con dúas en lugar das tres que él pretendía.
Redacción Salnés









