POBRA> A Pobra volverá a poñer en marcha un ano máis, e xa van seis anualidades, unha campaña de compostaxe doméstica, nas que se levan xa entregados uns 217 composteiros.
Nesta ocasión o Concello volverá a ir da man da man de Sogama, fomentando a compostaxe doméstica, principalmente nas zonas do rural.
Dende o Concello animan á veciñanza a participar nesta experiencia totalmente de balde. Os interesados só teñen que facer a súa solicitude no Concello, onde se lles dará cumprida información do que teñen que facer.
Esta práctica da compostaxe dende a súa posta en marcha no ano 2019 permitiulle ó Concello poder reducir notablemente os residuos tratados que non van a Somaga, polas que se paga, ademais da correspondente diminución do volume de emisións de co2 á atmosfera.











